RECOÑECEMENTOS MÉDICOS GRATUITOS PARA AUTÓNOMOS

“O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) ofrécelles aos/ás traballadores/as autónomos/as en xeral e socios/as cooperativistas que teñan a condición de traballador/a autónomo/a, que coticen no RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), incluídos os/as do Sistema Especial de Traballadores Agrarios, a posibilidade de realizar un recoñecemento médico dirixido a favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.

Aos/ás interesados/as faráselles un recoñecemento médico, totalmente gratuíto, nos centros do ISSGA. Non hai data límite para solicitalo, é unha acción permanente.”

Para obter máis información sobre este programa podes  consultar neste enlace http://issga.xunta.gal/portal/contido/actividade/actividade_0010.html ou dirixirte ao centro territorial do ISSGA de Pontevedra:

Centro ISSGA Pontevedra

Camiño Coto do Coello, 2

36812 Rande-Redondela

Tlf: 886 218 100 / 886 218 102

Enderezo-e: issga.pontevedra@xunta.gal

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en