PROGRAMAS FORMATIVOS AUTÓNOMOS E MICROPEMES

Dende o Centro Demostrador TIC da Amtega lanzan dous novos programas de interese para os usuarios da Rede CeMIT, especialmente autónomos e micropemes :

  • DixitalOn, programa formativo para a transformación dixital de autónomos e micropemes cun novo formato moito máis atractivo xa que terá lugar en entornos privilexiados de Galicia e durante unha fin de semana:
    • Do 9-11 de novembro, no Parador de Santo Estevo de Rivas de Sil. Máis información e inscricións: https://cdtic.xunta.gal/dixitalOn-RibeiraSacra . Preinscricións do 10 ao 23 de novembro.
    • Do 23 ao 25 de novembro, nas Fragas do Eume. Máis información e inscricións: https://cdtic.xunta.gal/dixitalOn-FragasDoEume . Preinscricións do 10 ao 9 de novembro.
    • A participación require copago de 100€ e inclúe: programa formativo e de lecer, estancia no hotel e manutención.

 

  • AceleraTIC, programa formativo para a transformación dixital das pemes, en colaboración coa Escola de Negocios IESIDE, que a través de 4 sesións formativas e titorías personalizadas ofrece ás pemes unha folla de ruta que lles permita afrontar o desafío da transformación dixital, cun enfoque práctico e baseado en casos de éxito.
    • Terá lugar o 30 de outubro, 13, 20 e 27 de novembro en Santiago de Compostela. Preinscricións do 10 ao 21 de outubro.
    • A participación require unha fianza de 300€, que se recupera totalmente no caso de acreditar o aproveitamento do 85% do programa formativo.
    • Máis información e preinscricións en: https://cdtic.xunta.gal/aceleratic2018

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en