Ofertas de emprego público

Bolsa de emprego: Correos 2017

Publicado por on 8:40 a.m. en Novas, Ofertas de emprego público | Comentarios desactivados en Bolsa de emprego: Correos 2017

Correos fixo publico os datos porvisionais da convocatoria do 23 de outubro de 2017 para formar parte das novas bolsas de emprego para a cobertura de necesidades de carácter temporal en postos operativos. Os solicitantes das bolsas poderán consultar os datos que fixeron constar na súa solicitude, e no seu caso, os méritos provisionais de acordó cos requerimentos e criterios de valoración previstos nas bases da citada convocatoria, na web de correos (www.correos.es) e en Conecta, a intranet corporativa de correos (https://conecta.correos.es) De acordó co previsto nas bases da convocatoria, durante o prazo de reclamación os aspirantes poderán revisar o seus datos provisionais, e no seu caso, presentar reclamacións frente as exclusións por falta de requisitos ou por disconformidade cos méritos publicados. Para isto, existe un modelos de reclamación na páxina habilitada a tal efecto en internet, www.correos.es (Inicio/información corporativa/Recursos Humnanos/Empleo/Bolsas de Empleo 2017) e en Conecta...

ler máis

Códigos contratacións e aclaración sobre o proceso de selección de persoal

Publicado por on 12:04 p.m. en Ofertas de Emprego, Ofertas de emprego público | Comentarios desactivados en Códigos contratacións e aclaración sobre o proceso de selección de persoal

Recordamos os códigos das contratacións nos que te debes anotar se eres de Salceda de Caselas, estás desempregado e queres optar aos postos de traballo que previsiblemente se ofertarán dende o Concello de Salceda de Caselas. Antes as consultas reiteradas que temos sobre como se procede para seleccionar traballadores para o Concello de Salceda de Caselas, escribimos este pequeno artigo de aclaración: O Concello de Salceda de Caselas todos os anos solicita á Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra subvencións para contratación de persoal laboral. No caso de que estas subvencións sexan concedidas o Concello procede ca selección dos traballadores, para isto está obrigado polo propio procedemento das subvencións concedidas a rexistrar unha oferta de emprego no Servizo Público de Emprego (oficina do Porriño) por cada posto de traballo ofertado. Estas ofertas de emprego son para postos de traballo que se identifican cun código e cun nome, estes códigos son os que podes consultar no documento que acompaña a este artigo, e son os códigos nos que debes estar apuntado (sempre que cumpras cos requisitos) se queres ter opcións a participar no procedemento de selección. Unha vez que o Concello de Salceda de Caselas pon a oferta de emprego no Servizo Público de Emprego, é o Servizo Público de Emprego o que remite unha carta aquelas persoas que cumpren cos requisitos solicitados, as persoas que reciben a carta deben presentarse no Concello de Salceda de Caselas para entregar a documentación requerida e participar no proceso de selección. Unha vez que os candidatos presentan toda a documentación, un tribunal de selección designado a tal efecto procede a valorar as solicitudes recibidas, de forma habitual o baremo de selección está baseado na situación persoal do candidato (fillos a cargo, tempo en desemprego, idade, sexo, …) e na formación relacionada co posto de traballo a realizar. En caso necesario farase unha proba práctica para determinar a valía do candidato, esta proba práctica non puntúa, simplemente pode ser excluinte no caso de non realizala correctamente. No caso de que unha persoa interesada non reciba a carta do Servizo Público de Emprego para participar no procedemento non será posible participar no mesmo, xa que este é un requisito imprescindible imposto polas Ordes Reguladoras das subvencións recibidas para a contratación. Moitos usuarios preguntan porqué non reciben a carta do Servizo Público de Emprego se están anotados no código, isto pode ser por varias causas, por exemplo que haxa máis persoas anotadas que candidatos remitidos, é decir, se nese código hai anotadas vintecinco persoas e o Servizo Público de Emprego so remite dez cartas haberá quince persoas ás que non lles chegue a carta a pesar de estar anotadas no código. Outro motivo pode ser a antigüidade no que levas anotado no código que sexa inferior a de outros candidatos, ou o tempo que levas en desemprego. Esperamos que con este pequeno artigo teñas un pouco máis claro como participar nos procesos de provisión de persoal para o Concello de Salceda de Caselas.  En todo caso estamos a vosa disposición para calquera aclaración. Podes consultar os códigos no seguinte enlace: Codigos ocupacions contratacions previstas a realizar polo Concello 2018...

ler máis

Novo Boletín de Emprego da CEG

Publicado por on 2:22 p.m. en Boletíns de emprego, Ofertas de Emprego, Ofertas de emprego público, Ofertas en empresas | Comentarios desactivados en Novo Boletín de Emprego da CEG

No día de hoxe publicouse o boletín de emprego semanal da Confederación de Empresarios de Galicia. http://ceg.es/docs/b/boletin_do_19_ao_25_de_febreiro_de_2018.pdf

ler máis

Boletín de emprego da CEG

Publicado por on 8:17 a.m. en Becas e bolsas para estudantes, Boletíns de emprego, Boletíns desemprego, Formación para desempregados/as, Ofertas de Emprego, Ofertas de emprego público, Ofertas en empresas, Persoas traballadoras e autónomas | Comentarios desactivados en Boletín de emprego da CEG

Novo boletín de emprego semana da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), correspondente a semana do 29 de xaneiro ao 04 de febrerio de 2018. http://www.ceg.es/docs/c/boletin_do_29_de_xaneiro_ao_4_de_febreiro_de_2018.pdf?lang=2

ler máis

Boletín de emprego: PonteEMPREGO

Publicado por on 9:34 a.m. en Boletíns de emprego, Boletíns desemprego, Formación para desempregados/as, Ofertas de Emprego, Ofertas de emprego público, Ofertas en empresas | Comentarios desactivados en Boletín de emprego: PonteEMPREGO

Novo boletín de emprego semanal emitido por PonteEmprego. http://proxectoiles.eu/PONTEemprego/Alertas/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_PONTEemprego_Alerta_256_24-01-2018.pdf

ler máis

Boletín de Emprego da CEG

Publicado por on 8:35 a.m. en Boletíns de emprego, Boletíns desemprego, Ofertas de Emprego, Ofertas de emprego público, Ofertas en empresas | Comentarios desactivados en Boletín de Emprego da CEG

Aquí vos deixamos o link para acceder ao Boletín semanal de emprego publicado pola CEG. http://ceg.es/docs/2/boletin_do_22_ao_28_de_xaneiro_de_2018.pdf

ler máis