Becas e bolsas para estudantes

Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo

Publicado por on 8:01 a.m. en Becas e bolsas para estudantes, Novas | Comentarios desactivados en Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo

No DOG do día 27 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión dunha bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, na Escola Galega do Consumo, para as persoas tituladas que se especifican no anexo I, e proceder á súa convocatoria (código do procedemento IN117A). Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional no Instituto Galego do Consumo e da Competencia a través dos seguintes medios: a) Na páxina web oficial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, http://consumo.xunta.gal. b) Nos teléfonos 881 99 90 91 e 881 99 90 75 do Instituto Galego do Consumo e da Competencia. c) No enderezo electrónico igc.escuela@xunta.gal. d) Nas oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 3, 1-5, baixo, Santiago de Compostela. Presentación das solicitudes: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Prazo de presentación das solicitudes: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para acceder a dita resolución preme...

ler máis

Bolsa de formación para o Consello Galego de Consumidores e Usuarios

Publicado por on 7:56 a.m. en Becas e bolsas para estudantes | Comentarios desactivados en Bolsa de formación para o Consello Galego de Consumidores e Usuarios

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. O obxecto desta Resolución é aprobar as bases polas que se rexerá a concesión dunha bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas tituladas que se especifican no anexo I, e proceder a súa convocatoria (código do procedemento IN118A). As persoas interesadas poden obter máis información: a) Na páxina web oficial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, http://consumo.xunta.gal. b) Nos teléfonos 981 54 55 45 e 981 54 54 16 c) No enderezo electrónico cooperacion.igc@xunta.es, d) Presencialmente nas oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo, Santiago de Compostela. Presentación de solicitudes: obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Prazo de presentación de solicitudes: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para acceder a Resolución completa preme no seguinte enlace....

ler máis

Bolsa de práctica laboral: Mestre/a composteiro/a

Publicado por on 8:01 a.m. en Becas e bolsas para estudantes | Comentarios desactivados en Bolsa de práctica laboral: Mestre/a composteiro/a

No BOPPO, con data, 05 de xanaeiro de 2018, publícanse as bases da convocatoria de 25 bolsas de práctica laboral de mestras e Mestres composteiros con destino ao “Plan Compost Revitaliza” da Deputación de Pontevedra. Ditas bolsas están destinadas a persoas en situación de demanda de emprego ou de mellora de emprego coa finalidade de completar a súa formación na área da xestión dos residuos orgánicos de orixe doméstica de cara á súa incorporación ao mercado laboral como mestras e Mestres composteiros. Entre todos os concorrentes seleccionaranse a 30 aspirantes, que deberán realizar un curso teórico-práctico impartido por persoal especializado na materia, cunha duración de 6 semanas, co obxecto de formalos como mestras e mestres composteiros, de xeito que finalmente 25 deles resulten elixidos para exercer como asesores e animadores deste método de tratamento da materia orgánica de orixe domiciliaria naqueles concellos da provincia de Pontevedra que participen no “Plan Compost Revitaliza” posto en marcha desde a Deputación de Pontevedra....

ler máis

Boletín de emprego da CEG

Publicado por on 8:17 a.m. en Becas e bolsas para estudantes, Boletíns de emprego, Boletíns desemprego, Formación para desempregados/as, Ofertas de Emprego, Ofertas de emprego público, Ofertas en empresas, Persoas traballadoras e autónomas | Comentarios desactivados en Boletín de emprego da CEG

Novo boletín de emprego semana da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), correspondente a semana do 29 de xaneiro ao 04 de febrerio de 2018. http://www.ceg.es/docs/c/boletin_do_29_de_xaneiro_ao_4_de_febreiro_de_2018.pdf?lang=2

ler máis

Bolsas de formación práctica na Axencia de Turismo de Galicia

Publicado por on 8:14 a.m. en Becas e bolsas para estudantes, Novas | Comentarios desactivados en Bolsas de formación práctica na Axencia de Turismo de Galicia

Resolución do 11 de xaneiro da Axencia de Turismo de Galicia pola que se regulan as basea para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2018 e 2019. Nesta ocasión convocanse nove bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia (procedemento TU981A) distribuídas da seguinte maneira: .- Oito bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia. .- Unha bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. Para saber máis sobre este procedemento:...

ler máis

Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Publicado por on 8:33 a.m. en Becas e bolsas para estudantes | Comentarios desactivados en Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN225A). Para poder ser beneficiario/a da bolsa, deberá presentarse unha solicitude dirixida á Consellería de Economía, Emprego e Industria. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, tendo en conta que as persoas a quen se dirixen estas axudas teñen que estar en posesión dun título universitario de acordo coa memoria que para o efecto se inclúe no procedemento do 1 de novembro de 2017, a través do formulario normalizado do anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte. Máis información en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180122/AnuncioG0424-281217-0002_gl.html...

ler máis