FEIRA DE EMPREGO – VIGO 24 E 25 DE OUTUBRO

FEIRA DE EMPREGO – VIGO 24 E 25 DE OUTUBRO

Finde.U – Feira Internacional do Emprego Universitario

Tras o éxito dos eventos virtuais e presenciais da Iª edición da Finde.U que se desenvolveron durante o ano 2016, na que participaron en conxunto máis de duascentas empresas e puntos de información de toda Europa, promovendo a xestión de máis de quince mil candidaturas a ofertas de emprego, as Universidades de Porto, Vigo e Tras-Os-Montes e Alto Douro organizan por segunda vez a Finde.U – Feira Internacional do Emprego Universitario que terá lugar en:

– Porto no 17 e 18 de outubro de 2017
– Vigo entre o 24 e o 25 de outubro de 2017

Coa organización deste evento presencial conxunto, as tres universidades darán a oportunidade durante catro días a estudantes e persoas tituladas de todas as áreas de coñecemento de manter contacto directo con organizacións e empresas que demandan o talento universitario da eurorrexión.

A Finde.U é un evento aberto a estudantes e titulados/as de calquera universidade, que lles ofrece:

Contacto directo cos responsables de RRHH de empresas e organizacións
Ofertas de emprego, becas e prácticas.
Procesos de selección a medio e longo prazo.
Entrevistas de traballo.
Sesións informativas e obradoiros.

Máis info en:

http://uvigo.gal/…/findeu-feira-internacional…/presentacion/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en