Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos

Resolución do 15 de xanerio de 2019, da Consellería de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaooito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Os prazos de matrícula serán:

.- Para a convocatoria de maio: do 11 ao 22 de marzo, ambos os dous incluídos.

.- Para a convocatoria de setembro: do 01 ao 08 de xullo, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Para máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190124/AnuncioG0534-160119-0002_gl.html

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en