Curso“ATENCIÓN XERIÁTRICA” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

O curso de “Atención Xeriátrica” de Aula Mentor ten como tema principal o coidado do anciano. Inclúe o estudo da vellez, os cambios que se producen nesa etapa da vida, os problemas máis frecuentes, así como os procedementos e técnicas necesarios para unha adecuada atención nesta etapa da vida.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir ó aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  varible segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso: https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/AT_GERIATRICA_mayo2015.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

 

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en