Curso “XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

O curso de Xestión de Recursos Humanos presenta un enfoque eminentemente práctico e ten como obxectivo que os alumnos adquiran unha visión global das principais áreas de actividades que se desenvolven nun departamento de desenvolvemento de recursos humanos (selección, organización, avaliación, retribución, formación) e coñezan algunhas das técnicas que se utilizan con maior frecuencia.

 

O curso está deseñado para que o poidan realizar tanto alumnos/as que carezan de coñecementos previos de Xestión de Recursos Humanos como aqueles que xa os posúen. Os primeiros conseguirán unha visión global da política de recursos humanos e das principais e máis frecuentes prácticas utilizadas, descubrindo o seu interese real por profundizar nalgunha das súas áreas. Os alumnos que xa conten cun coñecemento parcial dalgunha das áreas poderán profundizar máis no resto e obter unha compresión máis global das súas interrelacións.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso: https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/RRHH.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

 

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en