Curso “XESTIÓN DE PEDIDOS E STOCK” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

Este curso está destinado a aquelas persoas que traballan ou están interesadas en desenvolver a súa actividade profesional no ámbito da loxística, a xestión e coordinación das operacións do almacén. En concreto esta formación capacita ao alumno para recoñecer e aplicar técnicas de organización das actividades en distintos tipos de almacén, xestionar os procesos de preparación de pedidos, elaborar inventarios aplicando técnicas de control de existencias, aplicar procedementos de corrección  para as incidencias propias do proceso de almacenaxe de mercancías e utilizar sistemas e aplicacións informáticas de xestión de almacéns.

O curso está dirixido a calquera persoa que desexe adentrarse na esfera da xestión do aprovisionamento e aprender sobre a organización do almacén de una empresa de forma práctica.

Será de gran apoio e formación se desexas:
-Formarte nunha profesión innovadora que te apasionará
-Convertirte nun experto da disciplina que moi poucos profesionais dominan.
-Especializarte nunha área demandada e con futuro nas empresas.

-Ser o apoio fundamental dos Directivos e Mandos Intermedios de comerciañización nas empresas.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a exame e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/Pedidos%20y%20Stock_diptico.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en