Curso: Operario/a de liña de producción en automoción

Mañá día 07 de febreiro terá lugar a inscrición e selección dos/as alumnos/as que realizarán o curso:

“Operario/a de liña de producción en automoción”, que se levará a cabo nas instalacións do CDL O Torrón os luns, mércores e xoves dende o 19 de febreiro ata o 05 de abril, ambos inclusive, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Se estas interesado/a en participar nesta acción formativa non esquezas que mañá ás 10:00 horas terá lugar a proba de selección, no CDL O Torrón.

Os requisitos para poder participar son:

  • Estar en situación de desemprego (que se acreditará coa presentación da vida laboral e a fotocopia do DNI, no momento de presentar a solicitude).
  • Estar dado/a de alta na bolsa de emprego municipal con data anterior á solicitude do curso.

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en