Curso “LINUX ESSENTIALS” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

Linux Essentials é un curso de introdución sobre o sistema operativo Linux que foi desenvolvido por NDG. Cada vez é máis importante coñecer este sistema operativo amplamente estendido no mundo dos servidores de Internet, nalgúns equipos de usuario, en teléfonos de última xeración, en equipos de seguridade nun longo etcétera de sistemas. O alumno fará prácticas cunha máquina virtual desde o comezo do curso.

Está dirixido a persoas interesadas no mundo da administración dos sistemas.

 

Matrícula

A matricula se activará nas semanas previas ás convocatorias de setembro e febreiro. Ao efectuar a matrícula nun Aula Mentor reservase a súa praza, non obstante a data de alta efectiva será a que sinale a planificación do curso.

A diferenza co resto dos cursos de Aula Mentor implica que o alumno non pode facer o curso no tempo que queira senón que se segue unha planificación inicial. Trátase de cursos moi extensos, complexos e cuxo deseño fai inviable un ritmo personalizado para cada alumno. O alumno debe renovar paulatinamente a matrícula ata completar os 4 meses necesarios, salvo que decida abandonar.

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.   O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

 

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/Cisco_Linux_Essentials_.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en