Curso “LINGUA DE SIGNOS” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

Con este curso o alumnado adquire as competencias necesarias para desenvolver estratexias comunicativas con calquera persoa xorda e aplicar a lingua de signos en calquera ámbito da vida diaria.

A Lingua de Signos Española (LSE) é a lingua natural das persoas xordas, grazas á cal se consegue establecer un canal de información  e de relación co seu entorno social. Consiste nunha serie de signos xestuais articulados coas mans e acompañados de expresións faciais, mirada intencional e movementos corporais dotados de función comunicativa.

O curso va dirixido a calquera persoa interesada en coñecer o LSE como un sistema alternativo de comunicación por motivos profesionais, persoais ou para completar a súa formación.

O alumno adquire as competencias necesarias para desenvolver estratexias comunicativas con calquera persoa xorda e poderá aplicar LSE en calquera ámbito da vida.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/LSE.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en