Curso “INSTALADOR ELECTRICISTA” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

O contido principal do curso é o Reglamento Electrotécnico para Baixa Tensión (REBT), que é a normativa técnica conforme a cal se realizan as instalacións eléctricas. O material de estudo que se proporciona é o REBT, complementado coa Guía de Aplicación del REBT e os aspectos máis importantes das normas UNE que lle afecta, con comentarios, explicacións e exercicios de exemplo das ITCs máis importantes. Tamén hai unha serie de anexos moi útiles coa información complementaria.

 

O curso de instalador Electricista está dirixido a aquelas persoas que necesiten coñecer o Reglamento Electrotécnico de Baixa Tensión, estudantes de Ciclos Formativos da Familia Profesional de Electricidade e Electrónica e en xeral, todas as persoas cuxa actividade estea relacionada coas instalacións eléctricas e que necesite unha formación de calidade no REBT.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  varible segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/INSTALADOR_ELECTRICISTA_mayo2015.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en