Curso “INICIACIÓN Á PROGRAMACIÓN” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

 

Este curso introduce os conceptos básicos da programación de ordenadores seguindo os principios da programación estruturada e modular.

A linguaxe utilizada como caso de estudios é o Pascal, moi recomendado desde o punto de vista didáctico, pero tras a superación do curso, os alumnos/as deben adquirir unha visión global da programación que lles permita abordar cun esforzo moderado, a tarefa do estudo de calquera outra linguaxe de programación.

Ao mesmo tempo este curso é un bo punto de partida para a Programación Orientada, posto que todos os conceptos e técnicas que se estudan nel forman parte desta.

Aconséllaselle como primeiro curso ás persoas que non teñan coñecementos previos de programación. Especialmente recomendado aos alumnos que queiran realizar posteriormente outros curso de programación.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  varible segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/INIC_PROGRAMAC_mayo2015.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en