Curso “HABILIDADES DE VENTA” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

O curso “Habilidades de Venta” desenvolve  nos alumnos un amplo sentido comercial que lles permite formarse como comerciais coñecendo e aplicando as técnicas adecuadas para cada cliente, planificando mellor as súas actividades e os seus recursos. Así mesmo,  os conceptos e explicacións teóricas que proporciona o manual combínanse coa búsqueda e obtención de información do exterior e a análise da mesma, guiado e asesorado polo titor. Ó comezar o curso, o alumno disporá dun amplo abanico de recursos para coñecer ós clientes, planificar as ventas, establecer prezos e responder ás necesidades do mercado.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir ó aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  varible segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso: https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/Habilidades%20venta.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en