Curso “FUNDAMENTOS DA FOTOGRAFÍA” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

Neste curso vamos a reflexionar sobre a intención comunicativa que poida ter cada cal ao facer as súas propias fotografías empregando a linguaxe das imaxes. Farase un recorrido polos aspectos teóricos da linguaxe audiovisual e estudarase cada un dos dispositivos técnicos das cámaras fotográficas para o control da imaxe, sen esquecer a iluminación. A intención é educar o ollo de maneira que o fotógrafo sexa capaz de visualizar a foto antes de disparar.

O curso vai dirixido a aquelas persoas que queiran ter coñecementos básicos da técnica fotográfica para poder expresarse a través das súas propias imaxes sen depender dos automatismos  das cámaras.

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/Fundams_Fotografia_dipticoNov2014.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

 

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en