Curso “ESCALAR O PATRÓN MODELO” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

O curso recolle a técnica do Escalado de patróns base e modelos. É un proceso que consiste na extracción dun determinado número de talles a partir dun modelo dado, permitindo así, a fabricación en serie de calquera modelo prototipo deseñado, preservando todas as características orixinais do modelo. É un curso de nivel medio-alto, eminentemente práctico cuxo aprendizaxe progresivo iniciase cos conceptos fundamentais  e os procedementos máis sinxelos da escala, dando paso a través das actividades propostas e guiadas ao nivel completo de formación en esta técnica.

Os destinatarios son persoas interesadas no mundo da moda, que teñan nocións de patronaxe e desexen coñecer outras técnicas conducentes á produción de roupa no sector da Confección de prendas para home e muller.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  varible segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/escalarPatronModelo.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en