Curso “CONTRATACIÓN LABORAL” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

A finalidade de este curso é ofrecer unha visión completa da vida das relacións laborais na empresa, desde a normativa aplicable, nacemento dos contratos e diversas vicisitudes (modificación e suspensión) ata a súa extinción, destacando tamén pola súa importancia o tratamento e protección dos datos persoais dos traballadores por parte da empresa.

Está dirixido a aquelas persoas interesadas no coñecemento das relacións laborais na empresa. Para realizar este curso non é necesario ter coñecementos previos xa que, coa realización do mesmo, se adquirirá unha visión do conxunto sobre o funcionamento das relacións laborais. A súa vez, os alumnos/as que teñan coñecementos previos poderán profundizar e adquirir un coñecemento máis extenso sobre as prestacións do sistema.

O curso realizase integramente a distancia a través de Internet. Unha vez finalizadas todas as actividades obrigatorias o alumno debe realizar unha proba presencial na aula Mentor cuxa superación obtén un certificado de aproveitamento de 60 horas. O curso organízase entorno a unidades de aprendizaxe e actividades de envío paulatino e secuencial ao titor para a súa avaliación.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a exame e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/diptico_contratacion_laboral.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en