Curso “CISCO CCNA 6” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

O obxectivo do curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicos de rede. Este material do curso en liña axudaralle a desenvolver as competencias necesarias para planificar e implementar redes pequenas cunha variedade de aplicacións. Pode empregar un smartphone, unha tablet PC, un ordenador portátil ou un de escritorio para acceder ao curso, participar nos debates co seu instrutor, consultar as súas cualificacións, ler ou revisar textos e prácticas con medios interactivos.

Os destinatarios son alumnos que cursaron ciclos formativos de informática, universitarios con coñecementos avanzados no uso de ordenadores, profesionais habituados a usar ordenadores e con capacidades analíticas e persoas cun profundo interese no mundo das redes de ordenadores.

 

Matrícula

A matricula se activará nas semanas previas ás convocatorias de setembro e febreiro. Ao efectuar a matrícula nun Aula Mentor  reservase a súa praza, non obstante a data de alta efectiva será a que sinale a planificación do curso. A convocatoria de setembro estará activa desde o 3 ata o 7 de setembro (ambos inclusive).

A diferenza co resto dos cursos de Aula Mentor implica que o alumno non pode facer o curso no tempo que queira senón que se segue unha planificación inicial. Trátase de cursos moi extensos, complexos e cuxo deseño fai inviable un ritmo personalizado para cada alumno. O alumno debe renovar paulatinamente a matrícula ata completar os 5 meses necesarios, salvo que decida abandonar.

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.   O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en