Curso “AUTOCAD” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

AutoCAD é un programa de Deseño Asistido por Ordenador (DAO) de uso xeral.

Coloquialmente, o deseño asistido por ordenador se lle coñece por as súas siglas en inglés: CAD.  Fundamentalmente, os programas de CAD traballan en dous entornos:  bidimensional (2D) y tridimensional (3D). O obxectivo deste curso é describir, estudar e profundizar nas representacións planas o entorno 2D do programa AutoCAD. O manual que se proporciona có curso está referido á versión 2013 do programa, pero pode seguirse sen ningún problema con calquera outra versión de AutoCAD, dende a do 2007 ata a máis recente, que é a de 2013.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/DipticoAutoCAD2013.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en