Curso “ATENCIÓN HIXIÉNICO-SANITARIA DE PERSOAS DEPENDENTES” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

O contido do curso pretende conseguir as competencias relacionadas coa atención hixIénica e sanitaria que é necesario dispensar as persoas dependentes no seu domicilio, e por isto o alumno encontrará:

  • Textos para cada unidade coas explicacións teóricas necesarias que sustentan a base da práctica diaria na atención e os coidados.
  • Elementos procedimentais, actividades e exercicios, cos que o alumno poderá repasar as unidades e desenvolver casos prácticos próximos á realidade que se encontrará no quefacer diario do seu traballo.

Para iso, o curso ofrece unha metodoloxía destinada a que cada alumno sexa capaz de desenvolver as ferramentas necesarias e adquirir os coñecementos teóricos e prácticos imprescindibles para planificar e desenvolver con autonomía as actividades diarias relacionadas coa hixiene e o coidado persoal a persoas con diferentes necesidades e grados de dependencia.

 

Este curso vai dirixido a persoas que queiran derivar a súa actividade profesional cara o ámbito sanitario e especialmente cara o desenvolvemento de actuacións destinadas ao cuidado e a atención a persoas dependentes no seu domicilio.

Tamén para aquelas persoas que estean actuando como coidadores informais e que necesiten ampliar os seus coñecementos relacionados coas persoas maiores, a súas patoloxías, a súas necesidades de atención e apoio bio-psico-social, así como a identificar as súas propias necesidades de autocoidado.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a exame e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/atencion%20hig-sanitaria.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en