Curso a distancia “PROCESOS DE XESTIÓN DE CALIDADE NA HOSTALERÍA E TURISMO” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

Os responsables das organizacións turísticas preocúpanse por implementar procedementos de mellora da calidade nos seus procesos, o que lles permite posicionarse dunha forma vantaxosa na relación á competencia. O amplo conxunto de actividades e factores que forman o sector turístico, require un tratamento de calidade moi particular, pola variedade e complexidade das interaccións que se producen entre a oferta e os turistas, máis aló das organizacións prestatarias dos servizos (hoteis, restaurantes), e incluíndo o entorno e o contexto no que se produce a prestación do servizo.

Trátase dun curso destinado a aquelas persoas interesadas no sector da intermediación turística: axencias de viaxes e minoristas, oficinas de información turística, centrais de reservas, operadores profesionais de congresos, etc.. e no coñecemento e implantación de sistemas de mellora e calidade

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/GEST_CALIDAD_HOSTELERIA&TURISMO_mayo2015.pdf 

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en