Curso a distancia  “PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

O curso básico de “Prevención de Riscos Laborais” supón a porta de entrada ao mundo da prevención para aplicar certos conceptos de prevención na práctica diaria e incluso, para abrir unha posible vía de especialización profesional.

Os obxectivos principais deste curso son:

  • Capacitar o participante para o desempeño das funcións do nivel básico de Prevención de Riscos Laborais conforme o establecido no Reglamento de Servizos de Prevención.
  • Dar a coñecer os dereitos e deberes dos traballadores e empresarios na materia preventiva, así como a reglamentación básica aplicable nos respectivos postos de traballo.

É un curso destinado a persoas de todas as idades. Traballadores e titulares das empresas. Persoas que teñen que responsabilizarse da Prevención de Riscos en pequenas empresas ou teñen que colaborar como Técnicos  de Nivel Básico cos Servizos de Prevención.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/PREV_RIESGOS_LABS_mayo2015.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en