Curso a distancia “INICIACIÓN A INTERNET” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

 

Con este curso preténdese que os alumnos se familiaricen con Internet; permitindo ademais que se adquiran as habilidades necesarias no uso de navegadores, correos electrónicos, redes sociais, grupos de noticias, blogs, aplicacións multimedia en liña, páxinas webs e manexo de documentos compartidos tan necesarios nos nosos días.

Os destinatarios do curso son usuarios iniciados en Internet que necesiten coñecer as posibilidades que ofrece a rede.

O curso realízase integramente a distancia a través de Internet. Unha vez finalizadas todas as actividades obrigatorias o alumno debe realizar unha proba presencial na Aula Mentor cuxa superación obtense un certificado de aproveitamento de 110 horas. O curso organízase entorno a unidades de aprendizaxe e actividades de envío paulatino e secuencial ó titor para a súa avaliación.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó titor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu titor, pode presentarse a exame e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/INICIAC_INTERNET_mayo2015.pdf

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en