Curso a distancia de “EXCEL” de Aula Mentor en Salceda de Caselas

 

Este curso a distancia é unha guía avanzada sobre as ferramentas que posúe a folla de cálculo máis potente do mercado e a máis utilizada nas empresas, Administración Pública e usuarios particulares. Ao final do curso dominaranse as ferramentas de organización, análise e presentación de datos, a creación de táboas e gráficos dinámicos, intercambiar e reutilizar información de distintos programas de Office, compartir documentos a través da Web, crear as súas propias macros e protexer os ficheiros xerados en Excel.

O curso va dirixido a todas aquelas persoas que necesiten dominar o programa Excel: estudantes de bacharelato o universitarios, opositores, profesionais o administrativos que necesiten manexar volumes de datos importantes.

 

Matrícula

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso e actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Máis información acerca do curso:

https://centrovirtual.educacion.es/Symfony14/uploads/img_cursos/EXCEL_mayo2015.pdf

 

Outros cursos dispoñibles:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Páxina oficial: 

http://www.aulamentor.es/

 

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en