Cualificacións profesionais

reconhecemento_   competencias_clave

rEXP: recoñecemento da experiencia profesional

Este procedemento oficial dá a oportunidade ás persoas que aprenderon a través da práctica profesional ou a través de cursos non oficiais, para que poidan demostrar os seus coñecementos e capacidades. No caso de que superen a avaliación, poderán obter unha acreditación oficial, con validez nacional, que terá os correspondentes efectos profesionais e/ou académicos.
No CDL O Torrón darase información e orientación xeral sobre o procedemento: fases, requisitos, documentación, calendarios, sedes e tramitacións.
Non todas as profesións se poden acreditar a través da experiencia, deberás consultar o teu caso particular cos nosos profesionais.

Enlaces de interese:

www.edu.xunta.es

www.traballo.xunta.es

Certificados de profesionalidade

Tamén tramitamos a solicitude de certificados de profesionalidade a través da formación que cada quen teña realizada. A persoa interesada deberá traer os diplomas e certificados de cursos dos que dispoña para que os profesionais do CDL O Torrón os analicen e determinen se é posible solicitar o certificado de profesionalidade. Chegado o caso dende aquí se realizarán os trámites para que acadar o título.

Enlaces de interese:

ww.traballo.xunta.es