Convocatoria: Renovación da habilitación persoal control de accesos

No día de hoxe, publícase a Resolución da Academia Galega de Seguridade Pública, o 20 de abril de 2018 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180503/AnuncioO3C2-240418-0002_gl.html

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en