Convocatoria: Probas para a obtención da ESO

No DOG do día 23 de xaneiro de 2018, publícase a  resolución, do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. (Código de procedemento administrativo ED540A)

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria:

  • Pontevedra:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires 26, 36002 Pontevedra.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.

  • Vigo:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.

  • O Porriño:

– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.

  • Tui:

– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.

 

Se estás interesado/a nesta convocatoria podes obter máis información en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0164-110118-0001_gl.html

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en