Convocatoria: Obtención habilitación persoal de accesos

No DOG nº 85 do 03 de maio de 2018, publícase a Resolución pola que se convocan probas para  a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Os interesados deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180503/AnuncioO3C2-240418-0001_gl.html

 

 

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en