CDL O Torrón


Salceda de Caselas emprego e formación        
Emprego e formación Concello de Salceda de Caselas

 

O Centro de Desenvolvemento Local O Torrón do Concello de Salceda de Caselas é un servizo municipal e gratuíto de promoción económica. O seu obxectivo é facilitar o acceso a un posto de traballo ás persoas desempregadas e axudar á implantación de novas actividades económicas no Concello de Salceda de Caselas.
O CDL Torrón, localizado na parroquia de Entenza a carón do río Landres, é un centro de servizos para o emprego, onde atopar dende asesoramento para a busca de emprego ou a creación da túa propia empresa; até cursos de formación. Un edificio completamente reformado e preparado nun momento onde é prioritario dar un servizo de calidade para o emprego.

Servizos

  • Apoio á creación de empresas. Asesorámoste en todas as fases de constitución da túa actividade, axudándote a elaborar o plan de empresa, subvencións e toda clase de trámites. Terás toda a información empresarial que precises.
  • Cursos de formación. Un amplo catálogo de formación a través do Plan de Formación Municipal, AFD e Aula Mentor, co obxectivo de promover a empregabilidade dos veciños e veciñas.
  • Bolsa de emprego municipal. Seguimento da situación do demandante, xestión de currículos, formación específica para persoas usuarias da bolsa, taboleiro de anuncios con ofertas de emprego e axuda en todas as xestións co servizo público de emprego.
  • Aluguer de espazos. Está a disposición de empresas, asociacións, particulares, etc. a posibilidade de alugar as instalacións a un custe moi competitivo: as aulas de informática e polivalente para realización de cursos, os talleres de cociña e carpintería para formación, a sala de reunións e o salón de actos para eventos, presentacións de empresa, ou calquera outra actividade. Para isto deberás presentar unha solicitude motivada.

Instalacións

  • Aulas de formación. Equipadas con todos os mecanismos e última tecnoloxía para garantir o máximo rendemento:
    • Aula polivalente.
    • Aula de novas tecnoloxías.
    • Taller de carpintería.
    • Aula de hostalería.
  • Salón de actos
  • Sala de reunións
  • Zona de descanso
  • Viveiro de empresas. O noso obxectivo é ofrecer un espazo e uns servizos de formación, asesoramento e acompañamento a todo aquela persoa que teña unha idea emprendedora. Unha oficina equipada con mobiliario e equipo informático, salas para cursos e reunións e acceso a internet. A túa empresa nacerá nun entorno activo e con todos os recursos ó seu alcance para que se consolide con éxito.
    Na actualidade estas oficinas están ocupadas polas seguintes empresas:

Infotécnicos

www.infotecnicos.net | www.facebook.com/infotecnicos.iberica.net

CDL O Torrón, Oficina 1º – 36471 Salceda de Caselas. Pontevedra. Tels. 886216490 / 67727 08 88. Fax: 986347864

Roem Mantenimiento y Reparaciones a Domicilio

www.roemmultiservicios.es | https://www.facebook.com/roemman/timeline

CDL O Torrón, Oficina 3º – 36471 Salceda de Caselas. Pontevedra. Tel. 650003131

Acuadrado

www.acuadrado.es

CDL O Torrón, Oficina 2º – 36471 – 36471 Salceda de Caselas. Pontevedra. Tels. +34 654178514 / +34 615320620. e –mail: info@acuadrado.es

Contacto

O Torrón, s/n (Entenza). 36471 Salceda de Caselas

CDL_googlemaps
Teléfono: 986 347 864 – Fax: 986347744
E-mail: xestion@salcedaemprego.es
De luns a venres de 9 a 14 horas