Bolsas de formación práctica na Axencia de Turismo de Galicia

Resolución do 11 de xaneiro da Axencia de Turismo de Galicia pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2018 e 2019.

Nesta ocasión convócanse nove bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia (procedemento TU981A) distribuídas da seguinte maneira:

– Oito bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia.

– Unha bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística.

Para saber máis sobre este procedemento: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180130/AnuncioG0256-110118-0003_gl.html

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en