Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN225A).

Para poder ser beneficiario/a da bolsa, deberá presentarse unha solicitude dirixida á Consellería de Economía, Emprego e Industria. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, tendo en conta que as persoas a quen se dirixen estas axudas teñen que estar en posesión dun título universitario de acordo coa memoria que para o efecto se inclúe no procedemento do 1 de novembro de 2017, a través do formulario normalizado do anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Máis información en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180122/AnuncioG0424-281217-0002_gl.html

 

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en