Bolsa de práctica laboral: Mestre/a composteiro/a

No BOPPO, con data 05 de xaneiro de 2018, publícanse as bases da convocatoria de 25 bolsas de práctica laboral de mestras e mestres composteiros con destino ao “Plan Compost Revitaliza” da Deputación de Pontevedra.

Estas bolsas están destinadas a persoas en situación de demanda de emprego ou de mellora de emprego coa finalidade de completar a súa formación na área da xestión dos residuos orgánicos de orixe doméstica de cara á súa incorporación ao mercado laboral como mestras e mestres composteiros.

Entre todos os concorrentes seleccionarase a 30 aspirantes, que deberán realizar un curso teórico-práctico impartido por persoal especializado na materia, cunha duración de 6 semanas, co obxecto de formalos como mestras e mestres composteiros, de xeito que finalmente 25 deles resulten elixidos para exercer como asesores e animadores deste método de tratamento da materia orgánica de orixe domiciliaria naqueles concellos da provincia de Pontevedra que participen no “Plan Compost Revitaliza” posto en marcha desde a Deputación de Pontevedra.

http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/02/05/2018002705

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en