Bolsa de formación para o Consello Galego de Consumidores e Usuarios

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

O obxecto desta Resolución é aprobar as bases polas que se rexerá a concesión dunha bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas tituladas que se especifican no anexo I, e proceder á súa convocatoria (código do procedemento IN118A).

As persoas interesadas poden obter máis información:

a) Na páxina web oficial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, http://consumo.xunta.gal.

b) Nos teléfonos 981 54 55 45 e 981 54 54 16

c) No enderezo electrónico cooperacion.igc@xunta.es,

d) Presencialmente nas oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo, Santiago de Compostela.

Presentación de solicitudes: obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Prazo de presentación de solicitudes: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para acceder a Resolución completa preme na seguinte ligazón.

 

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en