Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo

No DOG do día 27 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión dunha bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, na Escola Galega do Consumo, para as persoas tituladas que se especifican no anexo I, e proceder á súa convocatoria (código do procedemento IN117A).

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional no Instituto Galego do Consumo e da Competencia a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web oficial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, http://consumo.xunta.gal.

b) Nos teléfonos 881 99 90 91 e 881 99 90 75 do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

c) No enderezo electrónico igc.escuela@xunta.gal.

d) Nas oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 3, 1-5, baixo, Santiago de Compostela.

Presentación das solicitudes: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Prazo de presentación das solicitudes: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para acceder á devandita resolución preme aquí.

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en