Bolsa de Emprego

cdl_o_torron_recepcion      cdl_o_torron_aula_formacion2

Que é?

É un servizo municipal, público e gratuíto, a través do cal se levan a cabo accións de información, orientación e busca de emprego de forma personalizada.

Que servizos ofrecemos?

  • Orientación laboral para a busca de emprego: información laboral, técnicas de busca de emprego, ofertas de emprego, xestión de currículos,…
  • Recibir formación para o emprego
  • Axuda nas xestións co servizo público de emprego

Para quen?

Para as persoas empadroadas no Concello de Salceda de Caselas que queiran atopar ou mellorar o seu posto de traballo.

Como acceder?
As persoas interesadas deben indicalo no CDL O Torrón:
O Torrón, s/n (Entenza). 36471 Salceda de Caselas
Teléfono: 986 347 864 – Fax: 986347744
E-mail: xestion@salcedaemprego.es
De luns a venres de 9 a 14 horas