AULA MENTOR EN SALCEDA DE CASELAS

 

 

Aula Mentor é unha iniciativa de formación aberta, flexible e a través de Internet dirixida a persoas adultas que desexen ampliar as súas competencias persoais e profesionais. A iniciativa está promovida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración con outras institucións públicas e privadas tanto nacionais coma internacionais.

Os obxectivos desta iniciativa céntranse en proporcionar unha alternativa en materia de formación á poboación adulta que non ten a oportunidade de asistir á oferta presencial e o seu ritmo de aprendizaxe e/ou dedicación precisa dun sistema totalmente flexible sen estar suxeito a ningún tipo de horarios e plazos.

A oferta formativa materializase no conxunto de cursos en permanente actualización, organizados en áreas formativas e deseñados e adaptados ás características dos potenciais destinatarios e da modalidade de ensino.

 

Matrícula

 

A matrícula debe realizarse no CDL O Torrón de Salceda de Caselas.  Non existen prazos xa que a matrícula está aberta durante todo o ano excepto o mes de agosto. É recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor, así como para ver os contidos do curso antes de realizar a matrícula.

O prezo do curso é actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunhas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses salvo nos cursos con certificación de 30 horas que é dun mes.

A duración do curso é  variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ó tutor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso,  previa autorización do seu tutor, pode presentarse a examen e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

 

Cursos Mentor dispoñibles: http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Máis información en http://www.aulamentor.es/

 

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en