Acreditación da experiencia profesional

No día de hoxe publícase no DOG a Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2018 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade
Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Se tes interese en solicitar a acreditación da túa experiencia profesional podes porte en contacto connosco.

O Prazo para a solicitude remata o 26/01/2018.

Especialidades convocadas:

• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 553 prazas.
– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de
2016): 153 prazas.
– Novas prazas: 400 prazas.
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2):
435 prazas.
– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de
2016): 35 prazas.
– Novas prazas: 400 prazas.
• Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 65 prazas.
– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de
2016): 15 prazas.
– Novas prazas: 50 prazas.
• Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
• Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 224 prazas.
– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de
2016): 24 prazas.
– Novas prazas: 200 prazas.
• Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 278 prazas.
– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de
2016): 78 prazas.
– Novas prazas: 200 prazas.

• Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 162 prazas.
– Prazas lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de
2016): 162 prazas.
• Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera ( Orde 30 de decembro de
2016): 25 prazas.
– Novas prazas: 125 prazas.
• Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no
medio natural e rural.( SEA 595_2 ): 100 prazas.
– Prazas lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de
2016): 100 prazas.
• Confección e mantemento de artes e aparellos ( MAP005_2): 50 prazas.

 

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en