ACREDITACIÓN COMPETENCIAS PROFESIONAIS

 

 

 

 

 

 

 

ORDE do 31 de decembro de 2018 pola que se realiza a segunda convocatoria pública para o ano 2019 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

O obxecto de dita Orde é realizar o procedemento para a evaluación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou vías non formais de formación ( código do procedemento: TR305A) para un total de 1.350 prazas, nas seguintes cualificacións profesionais:

.- Atención sociosanitaria a persoas en domicilio.

.- Atención sociosanitara a persoas dependentes en institucións sociais.

.- Socorrismo en espazos acuáticos naturais.

.- Socorrismo en instalacións acuáticas.

.- Tanatopráxia.

.- Docencia da formación para o emprego.

.- Operacións auxiliares de fabricación mecánica.

O prazo de inscripción remata o vindeiro día 11 de febreiro de 2019.

Para máis información, preme no seguinte enlace:

http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.html

 

 

 

Autor: CDL O Torron

Compartir este artigo en